miércoles, abril 09, 2008

A CADEIRA DO MEU PAI


Mercada en Valença do Minho, no ano 1987, aproximadamente, nunha desas viaxes de mercar toallas na ferira, pasar a aduana, cruzar o rio Minho nun r-4, pasar o dia noutro pais, entrar na fortaleza, toda unha aventura a 60 km de casa. amntes todo era aventuras: seguir o curso dun rio ata atoparse cun campo de minas, correr detras dun globo aerostático e velo aterrizar nun campo, pedir polas casas vestido de pirata, correr entre o maiz perseguido por un veciño ás 3 da madrugada cunha escopeta de cartuchos na man, roubar portais das casas na noite de San Xoán (por iso o da escopeta), merendar enrriba dunha rocha, meterse nunha mina de auga abandonada, coller froita das árbores, pescar troitas, espertarse ás 7 da manha para ir a vender flores, pisar o viño...